GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL 2020

62 DAS MELLORES CURTAMETRAXES FREAKS
DO MUNDO

DAS QUE

48 FILMES NUNCA VISTOS EN GALICIA

DOS QUE

2 ESTREAS MUNDIAIS / WORLD PREMIERES

2 ESTREAS INTERNACIONAIS

13 FILMES INÉDITOS EN ESPAÑA

31 ESTREAS EN GALICIA

GFFF na Casa

O GFFF dende o sofá da casa! Toda a Sección Oficial dispoñible as 24 horas do día.

Do 28 de outubro ao 8 de novembro do 2020.

GFFF ao Vivo

Un evento cun número moi limitado de asistentes para garantir a máxima seguridade dos noso freaks. Inclúe acceso ao GFFF ONLINE para facilitarvos o visionado de tódolos filmes. Grazas por apoiarnos.

28, 29, 30 e 31 de outubro do 2020 en Vigo.

Por mor da seguridade, son unidades moi limitadas e até esgotar existencias.

CINEMA FFFREAK

Que vas ver no GFFF? O mellor cinema freak galego, nacional e internacional:

  • Terror e arrepío para que non durmas máis.
  • Friquismo do de verdade.
  • Humor ata que escache o diafragma.
  • Pezas que che van deixar o cu torcido.
  • A mellor animación.

O GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección de pezas audiovisuais que soen verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con grandes estreas mundiais, internacionais e nacionais.

Cinema freak, terror, animación, ciencia ficción, fantasía, expos, faladoiros, flocos de millo, cervexa

MÁIS QUE CINEMA

O festival é máis ca un simple acontecemento cinematográfico, sendo as proxeccións de películas o epicentro de festas, concertos e actividades. Tamén teremos moita cervexa e máis sorpresas das que poderás procesar!

Así foi o ano pasado e este ano ides flipar máis aínda!

Xoaquín! Chegou o GFFF!

Iremos ampliando información! Non nos perdas nas redes sociais!