GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival internacional de cinema freak – International Freak and Horror Film Festival of Galicia, since 2017 https://galicianfreakyfestival.com Festival internacional de cinema freak en Vigo, Galicia. Serie B, ciencia ficción, terror, fantasía, humor, animación Fri, 23 Oct 2020 12:13:06 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=5.5.3 https://galicianfreakyfestival.com/wp-content/uploads/2020/10/cropped-GFFF-favicon-b-32x32.jpg GFFF | Galician Freaky Film Festival – Festival internacional de cinema freak – International Freak and Horror Film Festival of Galicia, since 2017 https://galicianfreakyfestival.com 32 32 Conrado Xalabarder, creador da maior web sobre bandas sonoras do mundo, ofrecerá un coloquio no GFFF afondando na música e o cinema https://galicianfreakyfestival.com/2020/10/conrado-xalabarder-creador-da-maior-web-sobre-bandas-sonoras-do-mundo-ofrecera-un-coloquio-no-gfff-afondando-na-musica-e-o-cinema/ Fri, 23 Oct 2020 12:12:56 +0000 https://galicianfreakyfestival.com/?p=4100 Coma cada ano, o Galician Freaky Film Festival aposta por amosar as mellores pezas audiovisuais freaks, de terror e underground, tanto nacionais coma internacionais, pero tamén por levar a cabo diversas actividades paralelas culturais.

Esta nova edición non é una excepción e aínda que o aforo será máis reducido e as medidas de seguridade, elevadas, realizaranse diferentes actos onde o principal protagonista será a música no cinema. Así, os asistentes poderán gozar en directo de Anónimo IV, podcast musical enfocado no cinema e a Aula CREA, coloquio impartido polo recoñecido especialista en música de cine Conrado Xalabarder, colaborador tamén da revista Fotogramas dende 1996. 

PODCAST ANÓNIMO IV

Anónimo IV é un podcast sobre musicoloxía e investigación musical realizado en Galicia por Erea Carbajales, Brais González e múltiples colaboradores. Deste xeito, para a nova edición do Galician Freaky Film Festival, farase un programa en directo o xoves 29 de outubro ás 17.00 no que participarán Conrado Xalabarder, Nani García e Manuel Riveiro coma convidados.

Así, Conrado Xalabarder é colaborador e creador da maior web de bandas sonoras do mundo (tamén fará un coloquio en Aula CREA). Nani García é compositor, músico, arreglista e produtor musical cunha longa traxectoria en diversos formatos do medio audiovisual. Ademais, e autor de bandas sonoras para longametraxes de animación e ficción, curtas, obras de teatro e programas de TV. Doutra banda, Manuel Riveiro é un músico e compositor que leva preto de vinte anos compoñendo tanto para cine coma para televisión. Neste eido ten composto bandas sonoras como El final del camino ou La unidad. Para a gran pantalla ten participado tanto en películas nacionais como El desconocido ou La sombra de la ley, dirixidas por Dani de la Torre, e nas películas de terror norteamericanas The Green Inferno ou Knock Knock, de Eli Roth.

Neste programa debateranse e analizaranse diversos aspectos da música no cinema, especialmente no eido fantástico e de terror. Ademais tamén haberá espazo para afondar, entre outros, no fenómeno fan das BSO ou incluso na música nos videoxogos, sen dúbida, unha nova forma de expresión musical para os compositores.

AULA CREA

Co fin de profundar no impacto que ten a música no cinema, o Galician Freaky Film Festival levará a cabo, en colaboración con CREA, a Asociación Galega de Profesionais da dirección e realización, a Aula Crea o venres 30 de outubro ás 17.00.

Nela contarase coa presencia de Conrado Xalabarder, recoñecido especialista en música de cine, autor de obras coma Enciclopedia de las Bandas Sonoras, Música de cine: Una ilusión óptica y El Guion Musical en el Cine, colaborador dende 1996 de Fotogramas, a revista de cine de maior difusión, e creador da web Mundo BSO, o maior portal de bandas sonoras comentadas do mundo.  

Deste xeito, os asistentes non só poderán coñecer máis acerca do fascinante mundo das BSO, senón tamén participar dun xeito activo na conferencia, que está aberta a debate.

]]>
Caspervek Ensemble musicalizará en directo «A carreta pantasma» no Galician Freaky Film Festival https://galicianfreakyfestival.com/2020/10/caspervek-ensemble-musicalizara-en-directo-a-carreta-pantasma-no-galician-freaky-film-festival/ Mon, 19 Oct 2020 12:57:24 +0000 https://galicianfreakyfestival.com/?p=3920 O Galician Freaky Film Festival comeza a conta atrás para abrir as portas do certame, que terá lugar entre o 28 e o 31 de outubro.

Debido a crise sanitaria por mor do coronavirus, o evento realizarase seguindo unhas rigorosas medidas de hixiene e prevención. Así, co obxectivo de ter un espazo seguro, este ano o festival mudará de localización e celebrarase na sala Overlook, no hotel Bahía de Vigo, na rúa Cánovas del Castillo, 24. Ademais, Juan de Castro explica que “levarase a cabo un estrito protocolo de seguridade co fin de garantir a saúde dos asistentes, invitados e o equipo do festival”.

Deste xeito o aforo será moi limitado, o uso de máscaras será obrigatoria para moverse polo recinto, haberá xel hidroalcohólico a disposición dos asistentes e o sentido de circulación será único. Doutra banda, asegura de Castro que “intensificarase a limpeza, tanto entre sesións coma ao rematar cada xornada”.

Con todo, o festival iniciará a súa actividade o 28 de outubro cunha inauguración na que non faltará o bo cine e, coma non podía ser doutro xeito, a música.

UNHA INAUGURACIÓN DA MAN DE CASPERVEK ENSEMBLE E YORGOS LANTHIMOS

Caspervek Ensemble, con Brais González ao piano e á dirección, Blas Castañer á percusión, Erea Carbajales ao violín, Tonio Comesaña ao clarinete e Ainara González á trompa, serán os encargados de poñer a banda sonora en directo á un verdadeiro clásico do cinema: A carreta pantasma, de Victor Sjöström.

No filme, referente para Stanley Kubrick, autor de El resplandor, cinta homenaxeada nesta nova edición do Galician Freaky Film Festival, amósase unha historia chea de escuridade, degradación e poesía onde abundan os planos espectrais e fantasmagóricos. De feito, a obra goza de gran relevancia na historia do cinema xa que foi pioneira no uso de técnicas fílmicas nunca vistas, coma as dobres exposicións ou as elaboradísimas composicións que amosan o minucioso traballo de Julius Jaenzon á fotografía. Complementa esta excelente factura un guión moi traballado con narracións en flashbacks, afondando nos seus decadentes personaxes como é a progresiva destrución da dignidade humana por parte dunha sociedade cruel e egoísta que leva aos máis desafortunados ao camiño da violencia e a tolemia.

Caspervek estreou esta obra en Poznan (Polonia), sen embargo, a versión que será estreada en España nesta ocasión será ben diferente, unha nova versión para quinteto da partitura orixinal de 2015. Esta composición de Brais integra ademais dous temas folclóricos suecos dentro do xa propio universo e estilo Caspervek.

Xusto despois desta musicalización, chegará Nimic, curtametraxe dirixida polo aclamado Yorgos Lanthimos, autor de obras coma Langosta ou La favorita, esta última nomeada ao Óscar ao mellor director en 2019.

Xusto despois desta musicalización, chegará Nimic, curtametraxe dirixida polo aclamado Yorgos Lanthimos, autor de obras coma Langosta ou La favorita, esta última nomeada ao Óscar ao mellor director en 2019.

A obra, que será estrea en Galicia e non está na sección oficial, ven de proxectarse en Locarno e Melbourne e narra a historia dun violonchelista profesional e coma un encontro cunha estraña no metro terá unha serie de consecuencias inesperadas na súa vida.

DEVORADOS POR LA NOCHE, A CURTA DE CLAUSURA

Nimic non será a única curta especial que se poderá ver no GFFF. Por iso, na gala de clausura os asistentes terán ocasión de desfrutar dunha estrea mundial: Devorados por la noche, de Óscar Doviso. O filme, situado nos anos 80, contará o que lles acontece a un cantante dunha banda de rock e o seu grupo logo dun concerto.

A VENDA DE ENTRADAS, DISPOÑIBLE UNICAMENTE ONLINE

Debido a actual crise sanitaria e para facilitar a xestión e os trámites, as entradas estarán unicamente dispoñibles a través da web do GFFF.

Neste sentido, os asistentes terán a opción de mercar un abono VIF, con acceso a todos os pases e actividades do certame ou escoller unha entrada para a inauguración. Ademais, ao ter un aforo moi limitado, existirá a posibilidade de ver a sección oficial online, podendo facerse co billete correspondente na web.

]]>
A SECCIÓN OFICIAL DO GALICIAN FREAKY FILM FESTIVAL 2020 EN DETALLE https://galicianfreakyfestival.com/2020/10/a-seccion-oficial-do-galician-freaky-film-festival-2020-en-detalle/ Thu, 08 Oct 2020 17:09:52 +0000 https://galicianfreakyfestival.com/?p=3638 A sección oficial divídese en sete categorías diferentes e, algunhas delas, debido ao elevado número de traballos expostos, terán diversos volumes ao longo das xornadas. 

ALIMENTO PARA O MAXÍN

Nesta sección os asistentes poderán desfrutar de historias coma Mascot, de Leeha Kim, un traballo que ven de gañar a Mención Especial no 41º Festival Internacional de Curtametraxes de Clermont-Ferrand e que narra as aventuras e desventuras dun raposo no seu afán por converterse en mascota de cidade ou a animación Kids, de Michael Frei, que explora dun xeito brillante as dinámicas de grupo.

Completan a sección Pipo et l’amour aveugle, de Hugo Le Gourrierec; Why slugs has no legs, de Aline Höchli e Las niñas terribles, de David Orellana.

ARREPÍO

Coma xa é costume, o certame terá unha sección especial para os que desfrutan dos sustos propios do cinema de terror, do thriller e dos sucesos paranormais, nesta ocasión, con títulos coma Baladas de amor e morte, de Iria Ares; No podrás volver nunca, de Mónica Mateo, El Bazar, de Luis Fernández-Jardón; AaMAMÁ, de Miguel Alcalde e Pulsión, de Pedro Casavecchia.

CIENCIA FICCIÓN

Dentro da categoría de ciencia ficción encóntranse obras tan interesantes coma Je l’aime alors je la quitte de Ilan Zerrouki, R&R (Rêve et Realité) de Tony Chaslas, Onde dormen as gaivotas de Dani Cornes, The Lonely Orbit de Frederic Siegel e Benjamin Morard, Limbo Fungos de Alexis Menard e 400 Mph de P. Dannaud, J. Chaix, L. Deserre, A. Lefort, N. Pianeti e Q. Tireloq.

CO CÚ TORCIDO

En Co Cú Torcido poderanse ver 12 abraiantes traballos audiovisuais nos que a sinopse non lle fai xustiza a obra e que deixarán patidifuso a máis de un.

Así, destacan Bad hair de Oskar Lehemaa, no que un home calvo e un tanto inseguro decídese a probar un líquido para facer medrar o pelo… con desastrosas consecuencias ou Chicken of the dead de Julien David, unha historia que amosa a Bernard Lepique, conselleiro delegado dunha empresa especializada na produción de galiñas medio-orgánicas e medio-antibióticas, e a presentación do seu último produto.

O resto das curtas son Pitch Black Panacea de Tom Hardiman, Human nature de Sverre Fredriksen, Matar o rato de Isaac Rivadulla, Sonrisas de Javier Chavanel, Je finirai en prison de Alexandre Dostie, Vieille Peau de Julie Rembauville e Nicolas Bianco-Levrin, Kohannia de Mykyta Lyskov, Lo supero de Ainhoa Menéndez, Raíces de José Yáñez e High dating de Jules Zingg.

HUMOR FREAK

Humor Freak é, sen dúbida, a sección máis ampla do Galician Freaky Film Festival cun total de 18 traballos audiovisuais repartidos en tres bloques diferentes. Ademais de No, I don’t want to dance de Andrea Vinciguerra  e La silla eléctrica de Joan Martín, destacan títulos coma Iguales de Irlanda Tambasco Waine no que Carmencita terá unha manicura que de segures non esquecerá xamais ou a polaca Rain de Piotr Milczarek gañadora do premio Jean-Luc Xiberras para opera prima do Annecy 2019 e seleccionada en múltiples festivais (Chicago IFF 2019, Warsaw IFF 2019, Tallin Black Nights FF 2019…).

O resto de curtas son El tratamiento de Álvaro Carmona, Pumpers Paradise de Eddy Hohf, Polter de Álvaro Vicario, First Action Hero de Jan Haluza, Tienminutengesprek de Jamille Van Wijngaarden, One Left de Sebastian Doringer, Maldita de Juanjo Moscardó e Suso Imbernón, Dinosaurs: The true story de Paul-Louis Aeberhard, Bloody Stair de Jeongmu Lee, Hitte de Thessa Meijer, Heatwave de Fokion Xenos, What if??? de Enrique García, La boite de Marie-Pierre Hauwelle e Le syndrome D’Archibald de Daniel Pérez.

QUE CARALLO É ISTO

Cun total de 10 curtas, esta sección divídese en dous volumes.

Deste xeito, no primeiro deles poderanse ver obras coma Sh-t happens de Michaela Mihályiova e David Stumpf chegada directamente desde Sundance, o filme céntrase nos absurdos acontecementos que lle suceden a un conserxe esgotado e a súa muller por mor da desesperación. Ademais, tamén destaca Toomas Beneath the Valley of the wild wolves de Chintis Lundgren, curta que se proxectou na sección oficial de Toronto e que narra a historia de Tomas, que pasa de ser un empregado de oficina perfecto a perder o seu traballo e tentar ocultar que agora é fontaneiro e desatoador.

Xa no segundo volume proxectaranse, entre outras, Slug Life de Sophie Gate, que amosa un día na vida de Tania, unha muller curiosa que desenvolveu un gusto especial polos amantes non humanos. A curta alzouse coa Mención do Xurado na 16º Vienna Independent Shorts e que participou na selección oficial do festival Sundance 2019.

Completan ambos volumes Life24 de Kristjan Holm, Operation: Rambu! de Steve Austin, Farce de Robin Jensen, To be bone de Sébastien Betbeder, Two bodies on a beach de Anna Paavilainen, Unkoman de Hikaru Tsukuda e Mega sexy robot dinosaur de Paul Howard Allen.

ESPECIAL SERIAL KILLER

Coma novidade este ano, o Galician Freaky Film Festival inclúe una sección onde os asasinos en serie toman o protagonismo, homenaxeando deste xeito ao Resplandor e a Jack Torrance.

Deste xeito, poderanse ver as curtas Together, de Ryan Oksenber, que narra a historia dunha limpadora de reparación de riscos biolóxicos, quen considera ameazada a integridade do seu negocio despois de contratar a un técnico con insaciable apetito polo seu traballo; The Bloodbath obra de Emmanuel Hamon e Gilles Leroux, unha das estreas internacionais desta nova edición do festival e que conta coma unha banda de metal gótico, o director e un motorista son presa dun asasino psicópata no bosque.

Ademais, tamén se proxectarán Fifty de Javier Dampierre e Cassandra de David Tolchinsky.

]]>
Publicada a Sección Oficial da edición máis ambiciosa do GFFF https://galicianfreakyfestival.com/2020/10/publicada-a-seccion-oficial-da-edicion-mais-ambiciosa-do-gfff/ Thu, 08 Oct 2020 17:05:54 +0000 https://galicianfreakyfestival.com/?p=3636 O Galician Freaky Film Festival volverá un ano máis a Vigo, do 28 ao 31 de outubro, para amosar unha coidada selección de pezas audiovisuais de cinema freak, terror e underground.

Nesta edición, das máis de 400 obras presentadas a concurso, escolléronse 60 curtas para a sección oficial: 16 nacionais e 44 internacionais procedentes de países coma Estados Unidos, Corea do Sur, Xapón, Suecia, Arxentina, Ucraína, Francia, Alemaña ou Polonia.

Ademais, moitas delas poderanse ver en primicia no certame xa que “2 serán estrea internacional, 14 proxectaranse por primeira vez en España e 30 das obras estrearanse en Galicia” afirma Juan de Castro, director do Galician Freaky Film Festival, quen engade que “entre as pezas encóntranse traballos que se puideron ver en festivais tan importantes coma Cannes, Clermont-Ferrand, Locarno, Sundance, Venecia, Toronto ou Berlín”.

Os asistentes poderán gozar de filmes de diferentes xéneros, dende arrepiantes curtas coma Baladas de amor e morte de Iria Ares, que narra unha historia de amor coa morte, a inquietante No podrás volver nunca, de Mónica Mateo ou El Bazar de Luis Fernández- Jardón, onde non todo é o que parece, ata obras onde o mesmísimo Dexter Morgan, o asasino en serie máis famoso da pequena pantalla, tería calafríos vendo Together, de Ryan Oksenber; Fifty, de Javier Dampierre ou The bloodbath, de Emmanuel Hamon e Gilles Leroux.

Coma xa ven sendo habitual, nas xornadas tamén haberá espazo para escachar da risa. Así, todos os que queiran pasar un bo rato non se poden perder a sección Humor Freak, que chega con títulos tan prometedores coma No, I don’t want to dance, da cineasta Andrea Vinciguerra e que aterriza no Galician Freaky Film Festival despois de pasar por Sundance ou a hilarante La silla eléctrica de Joan Martín, onde se narra a peculiar historia de Julio, que pretende facer unha fazaña sen precedentes e non apto para cardíacos.

Por suposto, o Galician Freaky Film Festival garda un oco para a ciencia ficción con obras coma a multipremiada Je l’aime alors je la quitte de Ilan Zerrouki; Onde dormen as gaivotas de Dani Cornes, que nos transporta a un mundo non moi lonxano e a un arquipélago remoto ou R&R (Rêve et Realité) de Tony Chaslas, que inclúe unha boa dose de viaxes no tempo.

En definitiva, este ano o festival volve con máis forza ca nunca e, durante catro días, gozarase do mellor cinema de xénero e freak de Galicia, España e o mundo. A programación completa está xa na web do GFFF.

]]>
Desvelado o primeiro filme da Sección Oficial GFFF 2020 https://galicianfreakyfestival.com/2020/09/desvelado-o-primeiro-filme-da-seccion-oficial-gfff-2020/ Thu, 17 Sep 2020 12:39:52 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=3188

PIPO ET L’AMOUR AVEUGLE

de HUGO LE GOURRIEREC
FRANCIA / 2019 / 13:16 min

ESTREA EN GALICIA

Nun mundo deshumanizado onde as emocións están controladas por un medidor, Pipo, un traballador da fábrica, namórase dunha muller sentada nun banco. Tentará calquera cousa para chamar a súa atención e seducila coa súa propia «linguaxe».

  • Premio UniFrance da curtametraxe 2020
  • Selección oficial – TISFF 2020
]]>
GFFF 2020 XA TEN CARTEL https://galicianfreakyfestival.com/2020/07/gfff-2020-xa-ten-cartel/ Fri, 31 Jul 2020 09:30:00 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=2925 Freaks, estreamos cartel!

Iso só pode significar unha cousa: facemos as maletas para volver á Sala Videodrome os días 28, 29, 39 e 31 de outubro do 2020.

Chegounos o rumor de que xa temos un visitante que parece que non é moi fan das dino-xemelgas, polo que temos que ir a poñer orde antes de que cheguedes.

Por cuarto ano consecutivo a fusión entre o traballo de ilustración de Paulo Mosca e o deseño de María Llauger teñen como resultado esta incrible homenaxe ao filme de Kubrick que este ano celebra o seu 40º aniversario.

]]>
Lanzamos o concurso de microcurtas “Curta ou Susto” https://galicianfreakyfestival.com/2020/05/lanzamos-o-concurso-de-microcurtas-curta-ou-susto/ Mon, 04 May 2020 11:09:00 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=2746 O Galician Freaky Film Festival lanza o concurso de microcurtas online “Curta ou Susto”

Poderase participar ata o 30 de maio e está dirixido tanto a profesionais do sector audiovisuais como afeccionados.

As obras terán que ser dun máximo de trinta segundos e as mellores proxectaranse durante a vindeira edición do certame, que, polo momento, mantén as datas previstas: do 28 ao 31 de outubro na Sala Videodrome.

A pesar da gran paralización que están a sufrir a meirande parte das actividades culturais a causa da pandemia, a organización do Galician Freaky Film Festival lanza unha convocatoria para todos os creadores e creadoras audiovisuais, tanto afeccionados como profesionais, co fin de que poñan en forma o seu músculo creativo.

Para iso lanza o concurso Curta ou Susto no que se poderá participar ata o 30 de maio, con obras dun máximo de trinta segundos (sen ter en conta a duración dos créditos finais) nos que se transmita calquera sensación que produza un forte arrepío nos espectadores.

Como se pode participar?

Para facer chegar á organización os traballos haberá que utilizar as redes sociais. Os participantes terán que publicar o seu vídeo incrustado nas súas propias contas de Facebook, Instagram ou Twitter, seguir nesa mesma rede ao GFFF, utilizar o hashtag #CurtaOuSusto e ademais etiquetar ao festival.

O tempo para poder participar estenderase ata o 30 de maio.

Pódense consultar as bases completas.

Os mellores traballos proxectaranse na #3 edition do Galician Freaky Film Festival que polo momento mantén as datas iniciais e celebrarase do 28 ao 31 de outubro de 2020.

]]>
Acto de presentación da nova edición do Galician Freaky Film Festival https://galicianfreakyfestival.com/2020/02/acto-de-presentacion-da-nova-edicion-do-galician-freaky-film-festival/ Wed, 12 Feb 2020 17:25:45 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=2664 O xoves 13 de febreiro ás 12.00 no Hotel Bahía de Vigo, terá lugar a presentación oficial da nova edición do Galician Freaky Film Festival

A organización dará a coñecer as datas nas que terá lugar o evento así como as bases para a presentación de traballos na nova edición 2020 do Galician Freaky Film Festival, o certame máis freak e gamberro da cidade e de Galicia.

Abella Producións, organizadora do Galician Freaky Film Festival, dará a coñecer este xoves 13 de febreiro no Hotel Bahía (Rúa Cánovas del Castillo, 24, Vigo) as datas nas que terá lugar o evento así como as bases para a presentación de traballos na nova edición.

Despois de tres anos no que o Galician Freaky Film Festival non parou de medrar e conseguiu colgar o cartel de “completo” en moitos dos seus pases, o certame regresa unha vez máis a sala Videodrome e a cidade co fin de achegar todo tipo de filmes de terror e serie B. O mellor do peor da industria cinematográfica de Galicia, España e o resto do mundo. Cabe destacar que na edición de 2019 volvéronse a bater as cifras de películas recibidas con máis de 200 cintas, chegadas dende lugares tan diversos coma Chile, Ucraína, EUA, Senegal, México, Arxentina, Alemaña ou Brasil. Algo que demostra que os xéneros clásicos máis pulp: a fantasía, a ciencia ficción, o terror, o gore e toda a serie B en xeral, seguen a ser un éxito.

O gran obxectivo do GFFF é reivindicar e recuperar o espírito freak que acada o seu esplendor en Galicia grazas á Xeración Xabarín que bailaba os temas das bandas de Rock Bravú, cantaba o opening de Dragon Ball a pleno pulmón e pedía as películas do Vengador Tóxico no videoclube.

]]>
Segunda xornada do Galician Freaky Film Festival https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/segunda-xornada-do-galician-freaky-film-festival/ Fri, 25 Oct 2019 15:42:02 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=796 Tras unha primeira xornada chea de frikis entusiasmados, o segundo día do GFFF propón más de seis horas de festa pulp.

Ás 20:00, Alberto Hortas comentará a súa exposición e ás 22:00 fará unha demostración en directo da súa arte.

Despois dunha xornada inaugural do Galician Freaky Film Festival marcada pola gran asistencia de público, as grandes doses de cinema underground e o gran espectáculo que ofreceu Caspervek Ensamble musicalizando Nosferatu, unha sinfonía do horror, chega unha segunda xornada ben chea de contido freak para todos e todas.

A festa arrinca ás 17:30 no Espacio Mahou en Progreso 41 no encontro profesional “unha Mahou con CREA”, a Asociación de Realizadores e Directores de Galicia, onde Pablo Fontenla conducirá unha palestra chamada: Sobrevivindo sendo un Galician Freak: realidade ou ficción.

Tras isto, ás 19:00, chegará o momento de arrincar coas proxeccións no primeiro bloque de curtas: Serán de humor Freak Vol.1 no que se poderá gozar de catro pezas escacharrantes nas que destacan Le défi du rade… do francés François Zaïdi ou Maldición Fatal do galego Alberto Guisande.

Despois de matarse a rir, ás 20:00 virá a presentación da súa exposición por parte de Alberto Hortas. Para acto seguido dar paso ó segundo bloque de curtas da tarde: Que carallo é isto? Unha selección de pelis a medio camiño entre o absurdo e o inexplicable nas que destacan La persistente da francesa Camille Lugan ou Helsinki 79 de Pablo Fontenla.

Nada máis rematar o segundo bloque terá lugar un dos momentos máis esperados polos fans do GFFF. De novo será o momento de Hortas para facer unha demostración en directo mostrando como crea as criaturas máis terroríficas, as cicatrices máis realistas e as caracterizacións máis abraiantes.

O fin de festa na segunda xornada da #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, coma non podía ser doutro xeito, será co bloque: Noite de arrepío. Unha hora repleta de curtas dun dos xéneros máis queridos polos fans do festival: o terror. Filmes coma a francesa Midnight Talk de Raffael Oliveri, El ático do realizador dos Países Baixos Nico Van Der Brink ou a española A little tastede Victor Catalá poñerán punto final a unha tarde chea de puro fulgor friki.

PERO ISO NON É TODO

Ademais das tres horas de pelis underground, de serie b e do terror máis apaixonante que mesmo te fai rir ou chorar en cuestión de segundos, todos os que se acerquen ata a Sala Videodrome (Velázquez Moreno 44, no Mercado do Progreso) poderán desfrutar da exposición e da arte en directo de Josef Méndez, mestre sen igual do Art Horror vigués e coñecerán de primeira man a decoración alieníxena que rende homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro, aquela obra mestra na que Sigourney Weaver e mailo seu gato eran capaces de derrotar un becho furioso de mala baba.

A entrada para ter acceso a todo o programa do Venres 25 custa 5 euros, pero cabe a posibilidade de obter diferentes packs para varios días ou con regalos.

]]>
Homenaxe a Alien e un espírito máis friki ca nunca https://galicianfreakyfestival.com/2019/10/homenaxe-a-alien-e-un-espirito-mais-friki-ca-nunca/ Wed, 23 Oct 2019 16:30:13 +0000 http://galicianfreakyfestival.com/?p=788 Este xoves arrinca a #2 Edition do festival de cine máis gamberro do panorama galego que contará en total con más de trinta curtametraxes, dúas actuacións en directo, exposicións e festa rachada.

Os grandes atractivos deste ano son a musicalización en directo de Nosferatu, unha sinfonía do horror por parte de Caspervek Ensamble (entradas xa á venda), as exposicións de Josef Méndez e Alberto Hortas e a homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro catro décadas despois da súa estrea.

23.10.2019 Este xoves 24 arrinca a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival ás 19:30 na Sala Videodrome, en Velázquez Moreno 44, nun dos laterais do mercado do Progreso. E como cada ano representa a cita ideal para todos os amantes do cine máis freak e que non soe ter cabida nos circuítos de festivais e nas salas máis convencionais.

Deste xeito, o GFFF, convértese un ano máis, nunha data imprescindible para os espectadores que desfrutan dos xéneros máis pulp e que se senten identificados con todo o que implicou a Xeración Xabarín.

O MÁIS ATRACTIVO DO PRIMEIRO DÍA

O punto de partida para esta edición do Galician Freaky Film Festival correrá a cargo de Caspervek Ensamble (entradas) que musicalizará en directo un dos clásicos imprescindibles do cinema de terror en xeral e do expresionismo alemán e as pelis de chupasangues en particular: Nosferatu, unha sinfonía do horror, a peza mestra do director F.W. Murnau e que está envolta en tanto misterio que a día de hoxe ninguén sabe onde se atopa o cranio do cineasta.

“Está composta tendo sempre en conta o aspecto performativo” –comenta, Brais González de Capservek Ensamble– “os dous percusionistas e as dúas violinistas estarán enfrontados xerando unha especie de Caspervek bífido”. A inspiración para a peza ven directamente da música do expresionismo alemán e con matices do dodecafonismo e tamén das melodías e instrumentación do cine de terror.

Trala musicalización comezará a proxección cos dous primeiros bloques de curtas.

O primeriro é Co cu torcido quedo, unha selección de seis curtas nas que se inclúen Lay Them Straight do canadiense Robert DeLeskie ou Lo siento mi amor do coñecido e recoñecido Eduardo Casanova no que é o seu primeiro traballo despois da longametraxe Pieles.

Tras isto chegará o momento do último bloque da primeira xornada: Animación freak, unha selección de curtas animadas con pezas de moitísima calidade e con moita representación internacional con pelis de México,Israel, España, Francia ou Bélxica nas que destacan La nuit des sacs plastiques de Gabriel Harel ou Cómo y por qué se ha esfumado Don José do israelita Moshe Ben Avraham.

NOSTROMO, HORROR ART E BECHOS RAROS

Outro dos grandes atractivos do primeiro día do festival é descubrir a ambientación alieníxena que ten preparada o equipo do Galician Freaky Film Festival coma homenaxe a Alien, o oitavo pasaxeiro. A Videodrome estará chea de ovos de xenomorfo e de varias sorpresas para todos os fans da saga iniciada por Ridley Scott no 1979.

Ademais, todos os visitantes poderán desfrutar das dúas grandes exposicións deste ano no GFFF.

A primeira será a de Alberto Hortas, o máis grande representante galego no mundo da caracterización e os efectos especiais en cine e televisión e que ten traballado en pelis coma O espinazo do diaño, O laberinto do fauno ou en programas clásicos do frikismo universal coma Muchachada Nui.

A segunda, que ademais repite da edición anterior, será a expo de Josef Méndez o máximo expoñente vigués do Art Horror e que terá en exposición e venta cantidade do seu material tan característico no que representa os grandes clásicos do cine de xénero de terror dos 80 e 90.

En definitiva, a #2 Edition do Galician Freaky Film Festival, representa a mellor oportunidade para gozar en modo friki, vendo unha selección potente e moi actual difícil de atopar noutros certames, tomando algo ou achegándose á pintura e ás esculturas máis terroríficas.

ENTRADAS

O custo da entrada para esta primeira xornada que inclúe a musicalización en directo, os dous bloques de curtas é o acceso ás dúas exposicións e de 7 euros e pódese adquirir no despacho de billetes, aínda que tamén existen diferentes packs que inclúen regalos ou bonos para as tres xornadas do festival.

]]>