Lanzamos o concurso de microcurtas “Curta ou Susto”

O Galician Freaky Film Festival lanza o concurso de microcurtas online “Curta ou Susto”

Poderase participar ata o 30 de maio e está dirixido tanto a profesionais do sector audiovisuais como afeccionados.

As obras terán que ser dun máximo de trinta segundos e as mellores proxectaranse durante a vindeira edición do certame, que, polo momento, mantén as datas previstas: do 28 ao 31 de outubro na Sala Videodrome.

A pesar da gran paralización que están a sufrir a meirande parte das actividades culturais a causa da pandemia, a organización do Galician Freaky Film Festival lanza unha convocatoria para todos os creadores e creadoras audiovisuais, tanto afeccionados como profesionais, co fin de que poñan en forma o seu músculo creativo.

Para iso lanza o concurso Curta ou Susto no que se poderá participar ata o 30 de maio, con obras dun máximo de trinta segundos (sen ter en conta a duración dos créditos finais) nos que se transmita calquera sensación que produza un forte arrepío nos espectadores.

Como se pode participar?

Para facer chegar á organización os traballos haberá que utilizar as redes sociais. Os participantes terán que publicar o seu vídeo incrustado nas súas propias contas de Facebook, Instagram ou Twitter, seguir nesa mesma rede ao GFFF, utilizar o hashtag #CurtaOuSusto e ademais etiquetar ao festival.

O tempo para poder participar estenderase ata o 30 de maio.

Pódense consultar as bases completas.

Os mellores traballos proxectaranse na #3 edition do Galician Freaky Film Festival que polo momento mantén as datas iniciais e celebrarase do 28 ao 31 de outubro de 2020.