Exposición Retrospectiva: Paulo Mosca — SALA OVERLOOK

Como  viñemos desenvolvendo nas últimas edicións do noso certame, unha das facetas importantes e destacadas da oferta cultural do festival e do noso espazo de proxeccións  é a nosa exposición e curaduría de artistas galegos. Se o ano pasado foron Alberto Hortas e Josef Méndez,  desta quenda tócalle a PAULO MOSCA.

Paulo é un artista totalmente alleo as modas e ao políticamente correcto. Cun estilo propio e cun discurso provocador e “punk” consegue coas súas pezas, tanto gráficas como audiovisuais, non deixen ao público indiferente ante a causticidade e irreverencia da súa proposta. A exposición estará articulada retrospectivamente dende os seus comezos, cos traballos en fancines e cómics, pasando polas ilustracións salvaxes da súa “etapa rosa”, ás últimas creacións para animacións e tamén parte do seus derradeiros traballos aínda non expostos ao público.

As montaxes expositivas na nosa Sala caracteríazanse polo coidado e profesionalidade en todos os procesos, traballando conxuntamente co artista e creando un espazo propio e diferenciado. 

Musicalización «A Carreta Pantasma» — M28 19:30 Cons. Sup. de Música de Vigo

Arrancamos esta pandémica edición cunha actividade que tennos ben collidos: a musicalización de grandes filmes da mán de Caspervek Ensemble. Desta volta será a película sueca de 1921  “A carreta pantasma”  do director e actor  Victor Sjöström.

Este filme goza de grande relevancia na historia do cinema xa que foi pioneira no uso de técnicas fílmicas nunca vistas ou non de tanta calidade coma as dobles exposicións e elaboradísimas composicións que  amosan o minucioso traballo de Julius Jaenzon á fotografía. Planos espectrais e fantasmagóricos cunha profundidade dimensional sen precedentes. Complementa esta excelente factura un guión moi traballado con narracións en flash-baks, afondando  nos seus decadentes personaxes como é a progresiva destrución da dignidade humana por parte dunha sociedade cruel e egoísta que leva aos máis desafortunados ao camiño da violencia e a tolemia. Esta fabulosa combinación de talentos  dan lugar a unha historia chea de escuridade, degradación e poesía

A elección desta cinta  vén inspirada por “The Shining”, filme ao que o GFFF brínda homenaxe e do cal Stanley Kubrik, e moitos máis, nutríronse flagrantemente para as súas creacións. Isto, e a fortuna de que Brais González  e o seu conxunto tiñan xa esta película  traballada e estreada en Poznan(Polonia) ,mais a versión que será estreada en España nesta ocasión será ben diferente, unha nova versión para quinteto da partitura orixinal de 2015. Esta composición de Brais integra ademáis dous temas folclóricos suecos dentro do xa propio universo e estilo Caspervek.

Músicos

Piano y dirección:
Brais González

Percusión:
Blas Castañer

Violín:
Erea Carbajales

Clarinete:
Tonio Comesaña

Trompa:
Ainara González

A CARRETA PANTASMA   Suecia/ 106 min

Dirección: Victor Sjöström.
Producción: Charles Magnusson.
Guión: Victor Sjöström a partir da novela homónima de Selma Lagerlöf.
Fotografía: Julius Jaenzon.
Protagonistas: Victor Sjöström, Hilda Borgström, Tore Svennberg.

Noitevella. Tres bébedos evocan unha lenda. A lenda di que se unha persoa é unha gran pecadora e é a última en morrer ese ano, terá que conducir durante os seguintes doce meses a carreta pantasma, recollendo as almas dos mortos. David Holm, un dos tres tunentes  morre no último golpe da medianoite… 

Podcast: Anónimo IV — X29 17:00

Por mor da seguridade de todos, o acceso á esta actividade precisa Abono VIF e reserva previa en [email protected] .

Anónimo IV

Anónimo IV é un podcast sobre musicoloxía e investigación musical realizado en Galicia por Erea Carbajales, Brais González e múltiples colaboradores. Anónimo IV trata de ser un espazo de divulgación musical que se achega a xente dende o eido da musicoloxía e a investigación rigurosa dun xeito o máis ameno posible.

Coa vontade de construir unha mesa redonda de análise e debate sobre:

  • A BSO NO CINEMA FANTÁSTICO E DE TERROR: Características e instrumentación propias do xénero. Evolución das BSOs fantásticas a través das décadas. Situación en Galicia.
  • O FENÓMENO FAN NAS BANDAS SONORAS: A BSO como producto e elemento de mercado.
  • EPIC MUSIC: Desenvolvemento e evolución da Epic Music, xénero moi ligado ó cinema fantástico, dende Wagner a “Lord of the Rings”.
  • GRANDES FREAKS: Achegamentos ao xénero por parte dos grandes compositores de bandas sonoras.
  • VIDEOXOGOS, ¿UNHA NOVA FRONTEIRA?: Reflexión e debate sobre cómo os videoxogos supoñen unha nova forma de expresión musical para os compositores.

Esta mesa estará dirixida e moderada por Erea Carbajales e Brais González.

E como convidados: Nani García, Manuel Riveiro e Conrado Xalabarder.

Mesa cadrada FFFG:
FESTIVAIS FREAKS E FANTÁSTICOS GALEGOS — V30 12:00

Por mor da seguridade de todos, o acceso á esta actividade precisa Abono VIF e reserva previa en [email protected] .

Debate público cos responsables dos catro festivais de referencia de temática fantástica e freak da nosa comunidade.

FKM, Festival de Cinema Fantástico da Coruña

con Tonecho

Fancine de Lemos, de Monforte de Lemos

con Iván Patiño

Curtas do Imaxinario, de Vilagarcía de Arousa

con Lois M Rosales

Galician Freaky Film Festival, de Vigo

con Miriam P. Álvarez
e Juan de Castro

Tratarase:

  • Estado de saúde destes certames
  • Proxección internacional
  • Creación dun grupo que aglutine estes eventos e consolide así o seu peso no panorama de festivais galegos e nacionais.

Modera: Ignacio Lago
Produtor e Programador no GFFF

AULA CREA — V30 17:00

Por mor da seguridade de todos, o acceso á esta actividade precisa Abono VIF e reserva previa en [email protected] .

Da man da sempre voluntariosa Asociación Galega de Profesionais da Dirección e Realización(CREA)  presentamos esta ano a AULA CREA, un espazo para a divulgación e a formación dentro do noso festival.

Temos a fortuna de contar nesta edición do GFFF cun dos maiores expertos internacionais no estudo e análise das bandas sonoras cinematográficas: Conrado Xalabarder.

Unha ocasión excepcional para coñecer a un auténtico mestre neste eido do cinema. 

Conrado é un profundo coñecedor non so das bandas sonoras  se non  tamén  do seu uso no cinema e proxectos audiovisuais. É de destacar tamén as súas entrevistas aos máis relevantes compositores da historia do cine e as súa charlas e clases en España e América.

Para esta conferencia resultaba moi acaída unha temática afín aos nosos xéneros favoritos, así que con todo vostedes: “As estratexias musicais do terror”  Non a perdan!

O acceso á esta actividade será de balde pero con retirada de invitación previa

GFFF na Casa

O GFFF dende o sofá da casa! Toda a Sección Oficial dispoñible as 24 horas do día.

Do 28 de outubro ao 8 de novembro do 2020.

GFFF ao Vivo

Un evento cun número moi limitado de asistentes para garantir a máxima seguridade dos noso freaks. Inclúe acceso ao GFFF ONLINE para facilitarvos o visionado de tódolos filmes. Grazas por apoiarnos.

28, 29, 30 e 31 de outubro do 2020 en Vigo.

Por mor da seguridade, son unidades moi limitadas e até esgotar existencias.