Por mor da situación que estamos a vivir, este ano
NON ESTAREMOS NA SALA VIDEODROME.

GFFF na casa — Festhome TV

Onde poderás gozar dende a casa de tódolos filmes da Sección Oficial.

Sala Overlook — Hotel Bahía

Onde poderás asistir as proxeccións da Sección Oficial e algunhas actividades paralelas, sempre que teñas ENTRADA, pois só se venden online. Non haberá venda de entradas en porta.

Conservatorio Superior de Música de Vigo

Onde poderás asistir á Inauguración coa musicalización de «A Carreta Pantasma» por Caspervek Ensemble.


GFFF na Casa

O GFFF dende o sofá da casa! Toda a Sección Oficial dispoñible as 24 horas do día.

Do 28 de outubro ao 8 de novembro do 2020.

GFFF ao Vivo

Un evento cun número moi limitado de asistentes para garantir a máxima seguridade dos noso freaks. Inclúe acceso ao GFFF ONLINE para facilitarvos o visionado de tódolos filmes. Grazas por apoiarnos.

28, 29, 30 e 31 de outubro do 2020 en Vigo.

Por mor da seguridade, son unidades moi limitadas e até esgotar existencias.